DISPOÑIBILIDADE DE ARTIGOS

Aquí encontrarás información acerca da dispoñibilidade dos nosos artigos, tanto online como nas nosas tendas. Recibimos novidades cada semana!
DISPOÑIBILIDADE ONLINE DUN ARTIGO
Suxerímosche que revises a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades e a dispoñibilidade dos nosos artigos.
Se o talle do artigo que che interesa está esgotado, pero ten a opción Coming soon, podes facilitarnos o teu correo electrónico e avisarémosche se volve estar dispoñible nos próximos 15 días. Se nese prazo non se repón, esa subscrición caduca e terías que volver rexistrala. Este proceso non equivale a unha reserva.
Nalgúns artigos podemos mostrar a mensaxe de poucas unidades para certos talles. Se algún deles é do teu interese, animámosche a compralo para que non quedes sen el.
Ten en conta que os artigos da cesta non se reservan. Se a túa cesta inclúe artigos que xa non están dispoñibles, avisarémosche para que poidas eliminalos e completar a compra do resto.
DISPOÑIBILIDADE DUN ARTIGO EN TENDA
A través de Zara.com poderás consultar o stock das nosas tendas grazas á opción Ver dispoñibilidade en tenda. Só tes que seleccionar o artigo que che interesa e a localización e mostrarémosche as tendas máis próximas nas que está dispoñible. Recordámosche que a información do stock das nosas tendas é orientativa.
Se estás nunha das nosas tendas Zara e non está dispoñible a peza que che interesa, o noso persoal poderá axudarte a formalizar unha compra online a través dun dispositivo da tenda.